Dende 1988 dedicámonos á venda e distribución de viños e augardentes. Abrimos as nosas portas no céntrico barrio do Calvario ata que no ano 1999 trasladamos a Candeán onde seguimos coa mesma filosofía de empresa familiar dedicada a ofrecer viños e augardentes coa mellor relación calidade-prezo da comarca. Somos especialistas en servir bares, restaurantes, bares de tapas, panaderías, verdulerías, así como pequenas tendas de alimentación e particulares. O noso obxectivo é sempre acadar a máxima satisfacción do cliente ofrecéndolles, ademais dun produto de calidade, unha boa entrega e servizo posvenda. O noso equipo de profesionais ofrece un asesoramento personalizado co obxectivo de lograr a plena satisfacción dos nosos clientes, preocupándose dende o primeiro día pola calidade, o compromiso e a proximidade.
A nosa
Historia
Teléfono
986 28 20 18
Teléfono móbil
+34 604 00 51 52
Abertos
De luns a venres: 08:00 - 19:00